Unha guerra cara

OPINIÓN

07 may 2006 . Actualizado a las 07:00 h.

DEZ MIL MILLÓNS de dólares ao mes gasta Washington en Afganistán e Irak. No ano 2004 o gasto foi duns sesenta millóns de dólares, pero en dous anos elevouse case nun 80%. Moitos pensan que a razón é que os invasores están preparados para guerras rápidas, pero non contra un resistente que recorre a vacas bomba ou a disparar dende burros. Unha cousa é a guerra rápida que destrúe os exércitos dun país, e o que cadra, e moi outra a guerra de desgaste na que a mobilidade e a potencia de fogo teñen escaso valor. Isto explica o éxito da primeira fase -dunha relativa importancia a longo prazo- e o radical fracaso da segunda. Certas informacións indican que a guerra de Bush contra o terrorismo é xa un dos tres ou catro conflitos máis caros da historia dos EE.?UU. Supoñemos que os grandes beneficios que espera Bush desta guerra (democracia e liberdade para o Oriente Medio e, naturalmente, solucións enerxéticas) xustificarán tan grandes inversións. Como bo crente, Bush ten moita fe. Xa se verá se o seu pobo chega a tanto.