Abaixo a cultura

OPINIÓN

11 sep 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

MÉNDEZ FERRÍN laiábase hai días da pouca cultura galega que demostraba a nova conselleira da materia. Non sei se pensou noutros exemplos máis ilustrativos, como o das «dez mans», non cinco cabezas -na alusión, irónica ou non do xornalista- dos cinco altos cargos por aquela nomeados. E non digamos as lecturas confesadas polo líder da oposición: Moure Mariño e Fernández de la Mora. Tampouco as de ZP lle levan avantaxe, xa que un dos seus libros de cabeceira é Otra idea de España . O alarmante é que os políticos pensan que nos abraian coas súas lecturas, tanto que as confesan sen rubor. ¿Ónde están aqueles políticos de onte que adoitaban aportar a súa personalidade á política sen ter que facerse nela? Supoño que Méndez Ferrín, que tamén se dedica ao ensino, coñece a resposta. É complexa, pero non difícil. E teremos que explicar por que fomos indo a peor, xerando máis incultura, pero, faltaría máis, coroados polos master . Estamos perdidiños.