11 may 2005 . Actualizado a las 07:00 h.
A festa da nosa cultura. O Día das Letras Galegas vai collendo pulo e serve tamén para descubrir a mestres esquecidos. Este ano o elixido é o poeta Lorenzo Varela. La Voz de Galicia dedica hoxe un suplemento de 24 páxinas a súa figura e mañá, na Real Academia Galega, presentarase o libro de Fernando Salgado, Memorias Incompletas, que o xornal poñerá á venda o vindeiro martes, día das nosas letras. O poeta revive como nunca soñou, ata o punto de que a obra en galego máis vendida esta semana é As tres mortes de Lorenzo Varela, de Antón Lopo. O mellor. Ben está agasallar ao poeta, pero a mellor festa para as nosas letras sería aproveitar estas datas para ler máis en galego.