Unha destas noites, corazón, vou deitarme nos labios do amencer para buscarte. Gritarei que me faltas, como un aire, un bico, un abrazo (aínda que nunca me faltes). Unha destas noites, prometo, beberei as farolas da alba e falarei de amor, de ti, cos individuos de malvivir que me acompañen: esa tropa de insensatos que bebe para recordar. Porque só o amor axuda a vivir, resistir, sentir, crecer, gozar. O demais, el dinero la fama el éxito, son circunstancias. Unha destas noites vou crer todos os contos de princesas e piratas que me conten. Chorarei as lágrimas de mil noites de voda que me xustifican, que falan de nós, como seres humanos (ser, humano: palabras lindas). Cantarei as cancións imposibles pegado aos teus ollos de auga. Y al frío le diré el verso aquel de Guillén, o Salinas: Me gusta la nieve, nos junta a los dos. Unha destas noites de fin de xaneiro, xuntareime cos gatos e pasearei as prazas baleiras, escoitándote nos pasos, amore, amore. Antes de que corra o mes no calendario. Dibujando con tiza una lágrima que se va. Antes de san Valentín y su amor de gaseosa y fantanaranja y cómprame una colonia, cariño. Antes, amor, vou deitarme nos labios do amencer para buscarte. Para ser. Para humano.