Recolle-las noces

| M. REGO NIETO |

OPINIÓN

10 ene 2005 . Actualizado a las 06:00 h.

NO LIBRO El Imperio do xornalista Ryszard Kapuscinski, premio Príncipe de Asturias, o seu autor di: «Al mundo lo amenazan tres plagas, tres pestes. La primera es la plaga del nacionalismo. La segunda es la plaga del racismo. Y la tercera es la plaga del fundamentalismo religioso». E anda un servidor a voltas coa lectura do escritor polaco, cando Ibarretxe saca adiante, coa axuda de ETA, o seu plano separatista. Plagado de moito fundamentalismo relixioso e de non pouco de racismo. Xa o dixera Xabier Arzalluz: «En Euskadi os non vascos-españois vivirán mellor que os alemáns en Mallorca». E José María Setién facía non hai moito un chamamento á desobediencia civil. ¿En que vai rematar esta loucura? ¡Aí te quero ver, Zapatero! E por favor, non te nos canses.