Non teñen viño

| XOSÉ CHAO REGO |

OPINIÓN

23 jul 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

O PRIMEIRO texto do maxisterio eclesiástico sobre o matrimonio-sacramento data do século XII, concilio II de Letrán, ano 1139. A voda era cuestión familiar, que foi introducindo elementos cerimoniais. Agora o non crente pode verse inducido a sacrilexio. Só no século XVI, ano 1553, o concilio de Trento afirmou a sacramentalidade, pero ninguén fixo alusión ás vodas de Caná de Galilea. Dada a loita actual polo matrimonio de lesbianas e gais, achego estas notas: a) o delito de Sodoma e Gomorra consiste na falta de hospitalidade, como din profetas, incluído o de Nazaré; b) non é certo que o verbo «coñecer» teña en hebreo significación sexual prominente: de 942 veces soamente 10 veces implica coñecemento xenital. Os moralistas falan de pecado «contra naturam» a partir dun mundo animal só heterosexual; os científicos retrucan amosando a relación homosexual de máis de 20 especies. Se non tiveren viño, haos acompañar o amarguexo dunha copa solidaria.