NAS BANCADAS o balbordo vai en aumento, o interior sobe a banda e entra sen obstáculos na área pola esquerda, o defensa intenta despexar o balón e o interior cae derrubado, o árbitro non pita penalti e no medio do barullo escoito ó meu lado: «¡Árbitro, estás chosco!».
A expresión estar chosco encaixa perfectamente en calquera conversa que manteñamos os galegos tanto en castelán como na lingua galega, porque para nós os límites entre os dous idiomas vólvense borrosos na comuniciación cotiá. Sen embargo, chosco só ten cabida nos diccionarios galegos.
Este adxectivo cualifica a aquel que ?está cego?, pero tamén ó ?que lle falta a visión dun ollo?, que está torto ou lusco. Chosca dise daquela persoa que ?ten a vista torta?, isto é, que é birolla, breca, trusga ou vesga.
Na orixe latina de birollo (