Esbardallar

| SANDRA FAGINAS |

OPINIÓN

MOITO falamos. Levo días que non paro. O tema Loli (como xa lle denominan algúns) desbancou a todo personaxe televisivo de segunda categoría. E moito nos gusta falar por falar. Dende que comezou a noticia non escoito máis que esbardalladas: que se sabía que, que xa se dixera que, que se a policía, que se a Garda Civil, que se o xurado, que se a min xa me parecía, que algo máis ha de haber, que isto non é todo, que xa se verá, que eu xa pensara... («e pra que non digas que tal e que cal, que foi ou non foi, e tal que sei eu...»). Moito esbardalla a xente, xente coma nós. falar.ben@lavoz.es