Se cadra...

| SANDRA FAGINAS |

OPINIÓN

08 sep 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

falar.ben@lavoz.es A TOLERANCIA fronte ás interferencias lingüísticas varía en cada persoa. Coñezo xente que muda a cor da súa pel cando escoita algunha expresión impropia do castelán alterada por culpa do galego, pero tamén coñezo afeccionados á lingua que cren empregar un castelán correctísimo e sorprenden con frases do tipo: Hemos argallao un plan para este fin de semana (¿?). O comportamento máis habitual, e diría que instintivo, é vacilar entre admitir algunhas interferencias que se adaptan á fala sen ningún problema (sobre todo no que atinxe ó léxico) e rexeitar outras construccións gramaticais que se recoñecen como alleas ó idioma.