XOSÉ CARLOS CANEIRO | O |
30 jul 2003 . Actualizado a las 07:00 h.EL, que era un simple, cambiaríalle a lúa por un bico de tornillo sobre os seus labios de león. Ela, máis lista, ofreceulle unha viaxe ao sol, para queimarse xuntos e para sempre. El escoitaba cancións de Silvio Rodríguez, que o distraían mentres as ondas do Atlántico gritaban sobre o seu corpo sen deporte un nome de muller. Ela quería sentir a vida, as caricias, un verso ou un tango que chorase na súa pel todas as estrelas, mares, astros, todas as lágrimas de alegría que o mencer convoca entre as súas ruínas de cubata. El, que escoitaba a Silvio, dixo: sólo me queda buscarme de amante la respiración, seguir en mí mismo, no andar ciertas calles, olvidar... y decirte que todo está igual: esperando por ti. Ela era desa clase de mulleres que só podes ter se non as tes demasiado, ou sexa, desas mulleres imposibles que só aman en exceso, que é a única forma de amar. El prometeulle unha canción para o verán, unha novela con final feliz, un poema. Ela dixo que lía La Voz cada mañá, metida no seu calvario mentres agardaba pola xente de toalla, praia e bañador. El, que repartía La Voz mentres o sol asomaba no Oriente, tiña unha razón para vivir: Ela, lunita de chocolate, no seu quiosco de praia.