Lugares propicios ó amor

OPINIÓN

PÁXINAS SOLTAS

24 may 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

HAI VECES nas que o paso do tempo, a conciencia de que a nosa xuventude ficou lonxe, se nos fai presente de modo inesperado. Estaba eu explicando a xeración poética dos anos cincuenta e púxenlles ós meus alumnos o exemplo do poema de Ángel Gonzalez Inventario de lugares propicios al amor. Di o poeta que a primavera goza de moito prestixio, pero que é mellor o verán, mentres que o inverno elimina moitos sitios como son as portas orientadas ó norte, as orelas dos ríos e os bancos públicos. O poema vaise facendo máis dramático e fala de que os agarimos están proscritos e que por todas partes ollos implacables vixían, desconfían e ameazan. E foi ó chegar aquí cando me decatei de que ese poema, que para min está cheo de vivencias persoais, de lembranzas de días estudiantís nos que un andaba á percura dun recuncho onde bicarse, ós meus alumnos lles soaba a peza de museo. Agora a xente nova agarímase onde lle dá a gana. Nestes días de primavera, bícanse, abrázanse e arrolan xuntos por calquera chan, xa sexa de xardín ou de puro cemento. No inverno buscan lugares a cuberto, tan pouco íntimos como pode ser o Metro ou os corredores das facultades. E impórtalles un pemento que ollen para eles. O poema pertence ó libro Tratado de urbanismo , que se publicou en 1967 e reflicte unha sociedade aínda moi represiva, tanto política como sexualmente. Hoxe só nalgúns ambientes moi retrógrados -cidades pequenas, determinados grupos- mantén a súa vixencia crítica. É certo que se pode interpretar nun sentido máis universal, como as dificultades que o mundo exterior pon á vivencia íntima do amor, pero as referencias sociolóxicas a unha época determinada son tan claras que o vinculan a un tempo, por fortuna, pasado. E pensei que o poema e máis eu pertencíamos en gran parte a ese tempo felizmente superado. Éramos xa historia. E para non deprimirme díxenlles que a historia é mestra de vida e que non convén esquecer tempos pasados para non repetilos. «La mafia china destapada en Teo podría tener conexiones en Madrid». Este titular daba conta dunha noticia segundo a cal 20 inmigrantes chineses eran explotados nun obradoiro clandestino de costura enTeo. A min paréceme raro que semellante cantidade de persoas con rasgos orientais entraran e saíran dunha nave tódolos días sen que ninguén sospeitara nada; así que o de «clandestino» soa un tanto eufemístico. Compriría chamar tamén a atención sobre o que di o propietario da nave de que o uso da súa instalación non é cousa del. Ademais, é obvio que non traballaban para unha empresa chinesa senón para unha galega, sobre a cal agardamos ter información pronto. Vistas así as cousas, o titular máis axeitado pareceríame «Mafias gallegas explotan a ciudadanos chinos en Teo». Iso si, recoñezo que non soa tan ben. . A Coruña Ante la información aparecida en La Voz del pasado día 24, según la cual la fiscalía de Ourense estudia un posible delito de falsedad en el censo de A Veiga y se recogen unas supuestas declaraciones de Edesio Yáñez Gómez, este candidato y su partido desean realizar las siguientes manifestaciones: Negamos cualquier imputación de manipulación del censo electoral desde nuestro partido; las altas que se han producido en el censo son de unos pocos emigrantes naturales de A Veiga y con casa en el concello que han decidido personalmente censarse haciendo uso de su derecho, y así resulta acreditado, en su caso, en el procedimiento judicial correspondiente. Es falso que el candidato del PP se encuentre inmerso en una campaña de captación de censados, limitándose, como ha hecho siempre, a animar a los emigrantes a que regresen y/o se censen en A Veiga por el bien del concello. Es falso, como se dice, que esté invitando personalmente a los emigrantes del municipio a empadronarse en A Veiga. Resulta gratuita y malintencionada la imputación de «furor» por aumentar el censo, y prueba de ello es que tan sólo se ha incrementado en 20 o 30 personas que se han dado de alta por propia iniciativa, siendo miles los emigrantes originarios de este concello esparcidos por todo el mundo. Es absolutamente falso que este candidato haya manifestado que el grupo independiente que concurre a las elecciones sea «una mezcla de gente del Bloque, socialistas y otros más». Manifiesto mi completa disposición de colaboración con las autoridades judiciales para cualquier aclaración al respecto. Edesio Yáñez Gómez . Alcalde y candidato del PP en A Veiga.