A historia é coma un río

| ISAAC DÍAZ PARDO |

OPINIÓN

11 may 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

AO FINAL do seu peregrinaxe pérdese nun mar no que se asulagan todas as angosturas e os amplios cauces que deixou atrás. Escrebo de memoria, sen datos precisos. O himno dos anarquistas empezaba así, máis ou menos: «Hijo del pueblo te oprimen cadenas,/ injusticia y miseria tienes que sufrir;/ si tu existencia es un mundo de pena/ antes que esclavo prefiere morir». Noutras estrofas falaba de derrocar ao capital ao grito de revolución social. Cando esto se cantaba, con fermosa música posiblemente traída dos ácratas rusos, a maior parte dos traballadores integraban as sindicais CNT e FAI. Había poucos anos que España perdera as derradeiras colonias de América -Cuba, Puerto Rico e Filipinas- a mans do enemigo secular da couda hispánica, EE. UU. (algúns teñen pouca memoria ou moito histrionismo). A desfeita do Estado español agudizouse pra os máis desherdados. A pouca rexeneración que se impuña viña dos homes da Institución Libre de Enseñanza. A II República foi un intento de superar tanta desgracia e os disparates tolerados pola Coroa, mais a existencia do novo Estado debatíase entre a resistencia dos retardatarios ao desenvolvemento económico e a impaciencia dos que pasaban fame, o que desembocou na Guerra Civil (1936-1939). Castelao, que viveu o conflicto e que ninguén o entendeu millor, diría que «...a República do 14 de abril do 1931 morrera o 18 de xullo e que o povo non estaba loitando pola Constitución do 1931 (...). O goberno chamado de Unión Nacional, que contaba coa confianza dos partidos e das sindicaes, non sabía porque o povo colleu voluntariamente as armas, e por eso non atopou a fórmula xurídica e social da revolución en marcha». A Guerra Civil continuouse coa II Mundial, que involucrou aos EE. UU. cando se viron atacados e o comunismo era o que metía medo a os ianquis e aos franquistas, e o capitalismo viuse obrigado a cambear o orde pra que as cousas non fosen a pior, e sobre todo Europa millorou. O mundo librárase de caer nos totalitarismos fascistas, e o da democracia e a liberdade o enchían todo, agás os ibéricos, que tivemos que seguir padecendo deica 1975 (no papel; na realidade, a historia dirá cando rematou). Logo veu a fiebre dos combustibles fósiles, cuia posesión posibilitou todos os atropellos cos povos que os tiñan, e que artellou este brutal desenvolvemento nun dos Estados que se cree, en función do seu poder militar, con dereito a impor ao mundo a orde que lle peta sembrando o terror contra quen non pensa coma el. Desgraciadamente o río contamínase moi facilmente. O interlocutor branco decíalle ao personaxe con vestementa moura -no debuxo de Romeu-: «Logo de Iraq, Bush irá a por Siria, Palestina e Irán, onde hai moito petróleo; logo virán a por Europa...». «Tranquilo -dio o personaxe mouro que representa a ese novo totalitarismo disfrazado de democracia-; a metade xa a temos mercado e o resto o temos en renting ». O que proba que os humoristas, o mesmo que no franquismo, son os únicos que non nos fan rir porque están na realidade que nos ofrecen con talento e sen solución. E acó asolagarémonos con esta democracia tan paveira que decretan os ilustrísimos, prohibíndolle aos que discrepan que xoguen pra lles poder ganar. «Por muy justa que sea la causa usted debe someterse a la ley». Eso decía un juez en uno de los primeros juicios rápidos que se celebraron en Galicia. Yo intentaba repetir la frase a ver si conseguía comprenderlo, pero no podía porque se mezclaba con otra que se escribió unos cuantos siglos antes, que decía algo del hombre y el sábado. Al fin comprendí: soy cristiana, por eso no conseguía asimilar que la letra de una ley fuese más importante que la justicia de la causa. No está hecho el hombre para el sábado sino el sábado para el hombre. No será el primer caso de desobediencia civil. Por eso, hoy, de nuevo se hace necesario objetar ante una ley que no permite la permanencia en la denuncia de las causas del hambre, el paro o la esclavitud infantil en nuestras calles. Hoy como antes, se hace imperativo apelar a la moral y denunciar la vida burguesa que llevamos una minoría. Vida que hace compatible vestir con ropa que hacen niños esclavos, hacer turismo sexual, contratar por medio de ETTs y salir a la calle a denunciar una guerra. ¿Que cómo es posible esta extraña combinación?... Preguntémosle a nuestra militancia, a nuestros sindicatos, a nuestras aspiraciones, analicemos nuestra buena conciencia y si es que hayamos un atisbo de malestar, no lo dejemos escapar, que nos sirva para actuar, que nos mueva para la acción, que nos haga grano de arena en esta maquinaria tan abundante en gotas de aceite. Magdalena Pérez de Vallejo . Santiago. Soy un ciudadano que vive y sufre la C-543, la comarcal que une Santiago con Bertamiráns y Noia. Recientemente leía una carta de una lectora quejándose de dicha carretera: numerosos atropellos, curvas de espanto, cruces sin visibilidad, ausencia de carriles para buses, ausencia de zonas para adelantar tráfico pesado, baches y remiendos... Cada poco tiempo hay accidentes mortales, salidas de vía y mil cosas más. La gente corre, pero esta carretera, aún despacio, puede dar más de un susto. Los políticos tienen que tener claro que los remiendos no son suficientes, que esta es una vía condenada, y que no se soluciona con una rotonda en Vidán, por ejemplo, que es como un grano de maíz a repartir entre 100 hambrientas bocas. Han prometido una autovía Santiago-Brión y una vía de alta capacidad a Noia. Espero que mis ojos la vean pronto y que no sean simples promesas preelectorales. Miles de ciudadanos vivimos la pesadilla y el riesgo de esta desastrosa vía y espero que no necesiten más muertos y más familias destrozadas para ponerse manos a la obra. Jesús García. Brión.