ALLÁ donde se cruzan los caminos, que canta Joaquín. Alá, aquí, en pleno centro desta primavera linda, con sabor a taxi e hotel e güisqui de madrugada, tentando cos meus dedos os ollos azuis dunha muller nívea como o ceo de Moscú, loira, peiteada coa gomina dun anxo de zucre e lirios. En Madrid. Co neón golpeando as ruínas circulares das que tanto falou o mestre Borges, argentino, como o tango de residuos, despoxos, restos, amores arrebatados que se comen a lúa a bocados, estes seres fraternos, tan próximos. En Madrid. Procurando os ollos azuis unha vez, outra, outra, perdido entre as trenzas dun futuro de caramelo e chocolate. En Madrid. Preguntándome por qué las niñas ya no quieren ser princesas y las únicas princesas sólo piden poemas, ternura, unos brazos abiertos para llenarlos de caricias y palabras que no entiendo, como el cielo de Moscú. En Madrid. Ganando a miña risa adolescente entre os teus ladrillos de asfalto, tragando as rosas duns labios que saben a ron, unha luz mínima, un bico necesario, un volver, un renacer, unha canción de Chavela, mi amor. Paseo, como un perro, tus esquinas. Me quiero y te quiero cuando piso tu corazón. Madrid amado. Claro, cariño, me podrán quitar tus días... tus noches, no.