ESTE GEORGIANO que nascera en Gori no 1879, fillo dun zapateiro, estudou catro anos no seminario de Tbilisi do que o botaron, con 19 anos, porque lía a Marx e se afiliara a un grupo socialista. Pasou unha vida de loita, de cárcere, de desterro, de evasións, até chegar no 1912 a editar Pravda en San Petersburgo. Primeiro chamábanlle Koba (o indomable), logo pasaron a chamarlle Stalin (aceiro) pola forza do seu carácter. Publicou polos primeiros anos da revolución O marxismo e o problema nacional . Conseguiu que se reconecese a existencia de nacionalidades agrupadas nunha unión, e no 1918 logra a Declaración dos dereitos dos povos de Rusia , e loitou contra os separatismos.Cando morre Lenin no ano 1924, ninguén dubidou que Stalin o continuaría. No 27 resolve o problema da revolución permanente de Trotski e o desterrou a Alma-Ata. No 29 fai o gran cambio creando grandes empresas nos sectores primario e secundario da economía. Abandona o N.E.P. (nova economía política de transición que xa resultaba inoperante). No 36 devolve os dereitos á igresia e exalta as tradicións rusas; entra na Sociedade de Nacións e firma un pacto de asistencia mutua con Francia. No 37 obtén maioría absoluta nas eleccións e frente aos problemas que se están presentando na Europa vai a por a dictadura do proletariado.No 1938 firma un pacto de agresión con Alemania, mais no 41 Rusia é atacada por Alemania que nos finais do 42 chegan ao Volga as vangardas, pero son cercados polo exército ruso, e en febreiro do 43 os exércitos de Von Paulus entréganse aos rusos. Alemania tenta canxear a Von Paulus por un fillo de Stalin que teñen no seu poder; Stalin non accede e o seu fillo foi fusilado polos nazis.Cando no 1938 morre Stalin (seu fillo Vasili di que o envenenaron) Rusia é unha superpotencia capaz de pararlle os pés ao imperialismo ianqui. A partir deste momento, dentro e fora, empeza a falarse dos crímenes de Stalin e a esquencerse do que de positivo tiña este home; mentras o mundo occidental mételle a Rusia sobre todo na xuventude, a sociedade de consumo tentando os praceres das dibilidades humanas.Nestes días estase a escribir moito sobre Stalin e os seus crímenes, pero xa non se recorda que cando no ano 42 a cabeza do exército alemán era cortada no Volga -o que se lle debía a Stalin- evitou que todo o planeta caera en mans do nazi-fascismo, e os aliados occidentais quixeron canonizalo, e acudían a Teherán e a Yalta a se retratar con el. A partir de aquela data nós estabamos seguros que tamén seriamos liberados do fascismo cando se desandase o que andivera o nazismo, pois foi na península Ibérica onde empezara no 36 a guerra contra el.A pesar da manipulación informativa que soportamos non poden rexistrar que Stalin teña feito con Guernica o que fixeron os Alemáns por conta de Franco, nin que dunha asentada matase a 150.000 en Irosima, nin que masacrase ao povo afgano, nin que pretendera masacrar a un povo como Iraq pra se quedar co seu petróleo... Está visto que ainda queda moito por investigar na historia.