LOS Chichos cantaban cancións que eran rifles mentres na esquina da barra americana, colgando lágrimas de rimel e licor, unha señorita botaba de menos o amor da súa vida. Un navajero, díxome, que es un cabrón y se fue con otra. Los navajeros, antaño, fumaban porros y se les venía venir: qué pasa, chaval, dame veinte duros. Hoxe, non. Hoxe os navajeros máis intrépidos están en la cosa esa de la política. A min non me gustan a maioría dos políticos. Excepto Lula, que chora cando visita favelas. Se Lula fose un Tarzán do Noroeste, como Man, tería na fronte unha estrela, de cinco puntas e chapapote. Eu amo a Lula. Pero non podo amar os navajeros profesionais. A súa alma é unha escarpia de dinamita, cortante, que te la pasan por la cara y te despelleja. Os navajeros andan na política como se a política fose, tamén, unha barra americana, un club de carretera, una casa de putas, o así. Los navajeros se ríen mientras te joden. E claman, e piden confianza, y lo hacen todo por el bien del ciudadano, coño. Los navajeros, dice un amigo sabio, tienen tan poco que sólo tienen dinero, o poder, que es su derivada. Eles senten o amor nun renglón do talonario de cheques. Pobres navajeros. Se odian tan melosamente que dan náuseas.