DE SOL A SOL
25 dic 2002 . Actualizado a las 06:00 h.ESTA columna é un disparo. De espuma, flores, licor. Que a felicidade, ou o que sexa, bique para sempre os teus labios. Que non te resignen. Que se jodan todos los canallas que en el mundo son y han sido. Que saibas que renacer é o único verbo perfecto (amar é unha declinación). Que a lúa recite para ti mil versos fermosos cada noite. Que chegues a ser o que en realidade es. Que a chuvia, o inverno, o frío, nunca rabuñen a túa pel. Que encontres o que buscas (mellor: oxalá o encontres sen necesidade de buscalo). Que te quieran mucho mucho mucho. Que a imaxinación puntúe. Que non asasinen o teu mar. Que mires alto, aínda que te obriguen a mirar para a punta dos zapatos. Que corras por areas brancas, de trigo, como o futuro. Que non incendien o paraíso. Que espertes cen anos coa mesma canción: Hoy puede ser un gran día. Que no te vendan la moto para que tú te comas el marrón. Que vivas, que bebas, que te tragues la tristeza. Que só chores de alegría. Que sempre sexa a primeira vez (ou non). Que no te dejes llevar (o sí). Que a marea negra nunca habite no teu adentro. Que a mentira non reine. Que 2003 se ría a carcajadas. Esta columna é un disparo e o columnista, pobre imbécil, un francotirador. De sueños, corazón.