Miña prima, XXX, que naceu en Euskadi hai máis de tres décadas e viviu sempre alí, tiña un traballo perigoso naquelas latitudes. Algún compañeiro seu foi asasinado polas basoiras do RH válido. Malia ser filla de emigrantes galegos que votaban polo PNV, tivo que coller a maleta e virse para Galicia, por puro e moi xustificable medo. Tivo que recompoñer na nosa terra a súa vida. Cando viña nos veráns á aldea, dicía sentirse moi vasca. E segue sentíndose vasca e galega. Se o que lle pasou non é limpeza étnica, que veña Arzalluz e o vexa. Non lle valeu poñerlle aos seus fillos nomes vascos, ser nativa nin nada. Se ela estivese o sábado en Donostia non acudiría a manifestación, como moitos outros, porque ata para iso cómpre ter valor. J.X.X. Ourense