Esta semana fíxose pública unha sentencia que declara legal a exención da proba de galego para os aspirantes a unha praza da Xunta que xa tivesen estudiado esta lingua nun cursiño ou como asignatura do ensino secundario. A CIG-Administración defende a necesidade desta proba para medir os coñecementos de galego dos candidatos. Sen embargo, a CIG-Ensino defende que para obter un título de ESO ou de Bacharelato neste país non se debe esixir unha reválida de galego, perfectamente equiparable a dita proba. Isto significa que, desde o punto de vista da CIG, a unha persoa non se lle debe facer unha proba de galego en xuño para obter o título, pero si se lle debe facer en outubro para entrar na Administración. Agradeceríase unha aclaración e unha posición única coherente sobre este asunto. Desde un punto de vista nacionalista, o lóxico sería defender ambas probas. X.C. Lugo.