NESTES DÍAS tratei de atopar na cidade en que vivo unha gravación de música clásica ben común, e que hai uns anos era moi doado atopar en calquera tenda. Fun á que teño por costume e dixéronme que xa non traballaban música clásica, e que tiña que ir onde un non quere ir, se ben sempre remata indo. Tampouco houbo sorte: a versión que me interesaba non a había, nin ningunha outra. Funme de alí coa música a outra parte. Que non teñamos unha tenda á man onde se poida merca-la música que un queira, non ocorría dende hai ben anos. O que, supoño, quere dicir que esa música interesa tan poucoque as tendas habituais xa non senten necesidade ningunha de traballala . O que á par pode que demostre un recuar moi perigoso na formación estética -e xeral- das xentes. Menos mal que, con ocasión dunha visita ós meus netos picheleiros, atopei en Santiago a versión que me interesaba. É grave que non se promova o cultivo das potencialidades todas da persoa. Pagarémolo moi caro.