CARTAS DE AMOR

OPINIÓN

18 may 2002 . Actualizado a las 07:00 h.

Gran parte das cartas que Pedro Salinas lle escribíu a Katherine Whitmore veñen de publicarse en España despois de estar dende 1979 depositadas na Biblioteca Houghton da Universidade de Harvard. Máis aló da curiosidade que poida despertar a vida íntima dunha parella e do interés erudito de comparalas cos tres libros que foron inspirados pola relación con esta muller ( La voz a tí debida, Razón de amor e Largo lamento ), as cartas son unha magnífica reflexión sobre o que o amor pode ser na vida dunha persoa e constitúen un documento inapreciable para entender o fenómeno amoroso. Pedro Salinas coñece a Katherine en 1932 cando el ten cuarenta e un anos e ela trinta e cinco. Ela aparece no curso de literatura que el imparte, e a partir dese momento máxico, inolvidable , convírtese na súa musa. Desgraciadamente para Salinas, Katherine quería ser algo máis. Salinas está casado e ten dous fillos. Sinte que non pode abandonar á súa familia, máxime cando a guerra civil os pon en situación de exiliados. Ofrécelle a ela «todo el amor de que soy capaz», pero dase conta de que para ela non é suficiente. E quéixase diso. Dillo por escrito, que sabe de mulleres que «enamoradas en condiciones semejantes a las nuestras, que no pudieron ser felices del todo, pero a quienes sin embargo (...) la devoción y la atención de un hombre sirvieron de cimiento, de guía y de meta en su existencia humana». E de palabra, no seu derradeiro encontro: «Otra mujer, en tu lugar, se habría considerado muy afortunada». Catherine casa con outro en 1939, despois de sete anos de apaixoada relación ¿sobre todo epistolar¿ co poeta. Enviuva tres anos máis tarde, pero a relación con Salinas estaba xa deteriorada e os breves encontros son decepcionantes para os dous. A presencia da amada chega a serlle innecesaria: «Quizá no te vuelva a ver. No tengo interés en verte como la última vez en Boston. Pero sin embargo no dejaré de verte. Porque lo necesito. Verte en mi alma, en mi memoria, es ver lo más alto de mí mismo. Verte así, en mi interior, es ver la vida más completa y luminosa que la suerte me ha dado. Y por eso te seguiré viendo sin que me veas, ni me oigas, porque lo necesito para sentir y saber lo que fue la cima de mi existencia, un día, sin tiempo». A gran orixinalidade da concepción amorosa de Salinas, que nestas cartas se manifesta moi claramente, é que a lembranza da felicidade vivida segue a ser fonte de felicidade: «¿Por qué meses, años de contrariedades, de preocupaciones, de disgustos, van a borrar lo sin tiempo, las horas, los minutos en que la vida mía fue mucho más que tiempo,(...) infinita como me la hacía tu amor?». Por eso o sentimento final non é de amargura nin de rencor: «Hacia tí va mi corazón con gratitud infinita, con recuerdo imborrable de gozo y vida (...) Porque en ti tomó la vida una apariencia que jamás tuviera antes para mis ojos, para mi alma, para mi ser entero». Ese agradecemento por ter accedido algunha vez, aínda que transitoriamente, á cima da existencia paréceme algo sobre o que val a pena reflexionar.