CULPABLES, TODOS

La Voz

OPINIÓN

MANUEL REGO NIETO

06 abr 2002 . Actualizado a las 07:00 h.

No conflicto israelí-palestino, alí onde naceu a Verdade; alí onde Xesús de Nazaret sendo Deus se fixo home; alí onde unha estreliña sinalou ás xentes que un Neno traía paz na terra ós homes de boa vontade; alí, o exterminio ten lugar entre uns e outros aínda que, coma sempre, a uns máis ca ós outros. ¿E que di o mundo civilizado a isto que nos enche de vergoña? Pois que o sherif norteamericano olla cara a outro lado. Que a OTAN e a Europa que se di berce das civilizacións non se poñen de acordo á hora de pór paz naquelas terras. Parece mentira que pasaran máis de dous mil anos desde que alí nacera o Salvador do mundo. E incrible que nestes tempos de avanzada tecnoloxía de todo orde, se persiga ós homes e que se maten coma coellos. Lembro que aquí na nosa España ¿«Esta España mía, esta España nuestra...» que cantara a chorada Cecilia¿ houbo un momento en que para resolver o problema aínda irresolto do terrorismo, había moitas ¿si, moitas¿voces que pedían que o exército arrasase o País Vasco como se naquel fermoso lugar das Españas todos foran terroristas. Esto e o mesmo que o fascista Sharon está a facer cos palestinos diante dos ollos do mundo ben pensante. Para sentir vergoña.