MANUEL REGO NIETO
26 mar 2002 . Actualizado a las 06:00 h.O socialismo vasco, da man de José Blanco, foi descerebrado co afastamento de Redondo Terreros. Os votantes que arrimaban o lombo para, xunto co PP, ser unha alternativa ao nacionalismo o 13-M, vense defraudados coas pretensións do novo líder Patxi López, a os querer arrexuntar co PNV. ¿Que hai que facer unha fronte de tódolos partidos contra ETA...?, ninguén no seu sano xuízo pódeo discutir. Mais a unidade pasa por que o PNV sega no machiño, anos e máis anos, algúns dos cales o PSE fixo de comparsa, namentres os nacionalistas de Arzalluz controlaban, e inda controlan, as carteiras claves, para así adou-trinar a un pobo, que carece de memoria. Pois as Vascongadas endexamais foron unha nación e moito menos un estado; ata que Sabino Arana, dende a súa paranoia, fabricou o odio a España, cun separatismo que tivo a resposta nos separadores centralistas de Madrid, tan miopes onte e hoxe. ¿Por que ETA mata de cotío? Porque sabe que un proxecto autodeterminador cara á independencia, non a conseguirían, pois non teñen os votos suficientes. Tamén o sabe o PNV, que aproveita as bombas e as pistolas para seguir adoutrinando. Leva anos na ambigüidade, e viuno Deus a ver con que agora Patxi López trate de pór ó PSE ao carón de Arzalluz, a cambio de que...?