NON HAI MANEIRA

MANUEL REGO NIETO

OPINIÓN

02 mar 2002 . Actualizado a las 06:00 h.

Ibarreche gañou, mais non goberna. Sobor de todo naqueles temas puntais que son os que lle interesan á sociedade vasca. Se foi co concerto económico mareou a perdiz, coa ameaza de que tiñan que estar representados en Europa. Agora da marcha atrás. Se é co terrorismo, fártase de se lamentar e de lles pedir ós etarras que deixen as armas. Algo así como pedirlle peras ao olmo... Da unha imaxe de pedichón lamentable, namentres o seu xefe Arzalluz descalifica e ameaza. Agora Ibarreche xunta ós políticos para ollar a maneira de que nas eleccións municipais próximas os do PP e os do PSE poidan completar as listas alí onde a desbandada é cada día máis «sonora», xa que o medo é libre. Por se fora pouco o PP e mailo PSOE falan de «deslealtade e de incompetencia», no tema do pacto anti-terrorista. Grave asunto iste, se non van de man. E todo polo achegamento do PSE ao PNV, logo de defenestrar a Redondo Terreros. Porque non é malo, ao meu xuízo, que o PSE se achegue ó PNV, se con elo, o conseguira, apartar da liña soberanista na que se meteron os de Arzallus. O conto é que mentres o PP e o PSOE pelexan, ETA frótase as mans, e dalle largas a iste noso calvario..., de sangue, suor e bágoas.