MANUEL REGO NIETO
15 feb 2002 . Actualizado a las 06:00 h.As augas do Bloque Nacionalista Galego non baixan limpas. Primeiro foi o non éxito electoral esperado. Logo o almorzo de Beiras con Fraga. Todo isto retrotráeme a aquiles tempos lonxanos en que eu formaba parte do Consello de forzas Políticas Galegas (CFPG) en representación dos meus compañeiros carlinos. Xa daquela, un día sí e outro tamén, as liortas dentro do CFPG estaban polarizadas pola Unión do Povo Galego, a UPG, e polo Partido Socialista Galego de Beiras, o PSG. Había xuntanzas onde os contendentes alporizábanse dunha maneira insólita. Beiras, polo que sinto unha simpatía personal que endexamais ocultei, era o blanco das acusacións, dos insultos dos upegallos. As cousas chegaron a un punto, que o PSG decidiu sustituilo como voceiro, e foi reemplazado por Rodríguez Pardo, Álvarez Gándara, Luis Mariño... Agora voltan as discrepancias, e parece ser que lle queren facer a cama a Beiras, inda que cando falan cos xornalistas empregan unha linguaxe equívoca. Os próximos meses van a ser clarificadores, está por ver quen levará augoa ó río. Na militancia bloqueira vai estar o segredo. Tamén nas normas a empregar para que os grupos que non están na disciplina da UPG se poidan desenvolver...