A FOTOGRAFÍA DE LONDRES

La Voz

OPINIÓN

XESÚS FRAGA

27 nov 2001 . Actualizado a las 06:00 h.

A imaxe é de 1966. Cunqueiro e Fernández del Riego, asomados ó Támese, na mesma beira pola que os reis ingleses arribaban á fortaleza da Torre. É o Londres que empeza a ser poscolonial, ó que chegan moreas de emigrantes galegos e tamén ambos lugueses, nunha romaría normanda. Aínda resoan os ecos das emisións en galego da BBC, que levaron as palabras de Cunqueiro e Del Riego desde unha metrópoli ás radios en habitacións escuras. O Támese foi unha das frechas polas que ambos fixeron andar unha renovada cultura galega e a puxeron nos camiños de Europa.