FICCIÓN NON, REALIDADE

La Voz

OPINIÓN

XESÚS FRAGA

27 ago 2001 . Actualizado a las 07:00 h.

Os progresos da técnica fixeron máis sinxela a vida, pero, paradoxicamente, tamén trouxeron complicacións. ¿Como sobrevivíamos cando non había electricidade? é un pensamento co que nos cruzamos demasiado a miúdo. ¿É posible que cando unha treboada sacuda a tarde apacible dun verán se inutilice un fogar ou un negocio? Que unha vila pase toda a Noitevella sen suministro non é ficción, é un episodio real. Se producimos electricidade, ¿por que padecemos un servicio deficiente? ¿Ou é unha estratexia desesperada para fomentar a natalidade?