MANUEL REGO NIETO DE COTÍO
26 jun 2001 . Actualizado a las 07:00 h.En datas recentes estivo en Madrid, nada menos que nunha das prazas de touros que alí hai, un Mesías con pinta de showman. O anuncio a toda páxina, fala «dunha explosión de sanidade e de salvación». Caseque nada... A min estes espectáculos en clave ianqui, parécenme sempre un timo. Algo así ocurriu en pasadas décadas con aquela troupe de ¡viva la gente! ¿Que habería tras daquelo...? O tal Morris Ceruelo, o Mesías destas datas, fai milagres: salvar, sanar e realizar. Mais coido o triste que me resulta que se xogue coa ignorancia ou coa boa fe da xente. Sobor de todo das mulleres, máis dadas a istes timos. A un servidor que xa vai para vello, traballo lle costa crer na relixión católica, única e verdadeira, como para que o Mesías de turno, o invite a crer noutras, que dende logo, son falsas...