MANUEL REGO NIETO DE COTÍO
01 jun 2001 . Actualizado a las 07:00 h.Coido que fora Pacheco, o político andaluz, e andalucista, quen dixera que «a Xustiza era unha coña». Se non o é, paréceo. E para mostra a derradeira posta en liberdade de Vera e Barrionuevo, ou de Barrionuevo e Vera, que tanto monta, montan tanto... Logo de que os novos -Rodríguez Zapatero e Pepe Blanco- alardearan de que iste tema era do século pasado; de que non ían estar á porta do cárcere para solidarizarse, eiquí todo ten visos de que un pacto PP-PSOE niste asunto, está máis claro que a auga. Ante as increpacións de Guerra e de Rodríguez Ibarra por non se querer solidarizar ós novos xefes pesoístas, Zapatero dixo que non está disposto a dar caña, senón a pactar. A levar adiante a política do pacto: antiterrorista, reforma da Xustiza... ¿Entra secais niste último o que Barrionuevo e Vera, entren por unha porta e saian pola outra, ou pola mesma...? A istes dous personaxes que secuestraron, e o que lles colga -inda falta o xuízo sobor dos fondos revervados-; a istes dous personaxes que puxeron en venda a democracia co terrorismo de Estado, haberá ó final que condecoralos... ¿Non si?