UNHA NOVA EXECUCIÓN

La Voz

OPINIÓN

MEDIO AMBIENTE Y DERECHO INTERNACIONAL Xulio López

03 abr 2001 . Actualizado a las 07:00 h.

Desta vez non é un diminuído mental quen foi enviado ó patíbulo por decisión de George W. Bush, senón todo un tratado internacional. Un convenio que leva sendo debatido paseniñamente durante unha década. O que foi un cuantioso esforzo cientifico e diplomático se evapora no tempo que a este home lle lleva decir «non». Coa súa negativa, o futuro de milleiros de millóns de seres humanos, incluidos os norteamericanos, recibirá un terrible impacto que non so é ambiental, senón que tamén fará estremecer a economía, cun custe valorado en 54 billóns de pesetas anuais en todo o mundo. Ademáis das coñecidas desaparicións de territorios insulares e costeiros por mor do aumento do nivel do mar, afectarase seriamente a producción de alimentos e se producirá perda de recursos pesqueiros, expansión da desertificación, merma de zonas boscosas, etcétera. Á súa vez, as anteriores afectarán por exemplo á industria turística, ó acceso á auga, ás migracións humanas, á aparición de novos conflictos armados... E todo para que os sponsors do texano multipliquen e perpetúen os seus xa de por si sustanciosos dividendos, ensalzando á máxima de pan para hoxe e fame para mañá. Os mellores expertos científicos na materia, agrupados pola ONU, afirman sen lugar a dúbidas que imos sufrir o cambio climático, que este será por culpa do home, e que hai tecnoloxía suficiente para evitalo. Ainda así, este político ven de decidir que non lle interesa esta opinión, que non coincide coa súa propia, sentenciando así a tódolos habitantes do planeta a un futuro máis que incerto. O sentido común non parece argumento suficiente para que o emperador global atenda as chamadas á razón de toda a diplomacia mundial. Se cadra é o momento de que os cidadáns e cidadás do planeta nos fagamos escoitar coa forza que radica en cada un de nos, o poder de consumo. ¿Se preguntan que pasaría se a venda dos seus productos baixara por esta razón? Se é no peto onde lles doe, é alí onde debemos facer sentir o noso desacordo. Eu empecei onte. ¿E vostede?