MANUEL REGO NIETO
12 ene 2001 . Actualizado a las 06:00 h.No Goberno central cadaquén di o que lle peta. Piqué di unha cousa sobor do submarino -non amarelo, claro- e Aznar di outra. A ministra Villalobos aconsella unha cousa no tema das vacas tolas e o seu colega Arias Cañete lévalle a contraria... Todo esto lémbrame aquelo que me contaba meu bon pai sobor dunha banda de música. Decíalle o director ós profesores: que o metal distorsione, pasa. Que a madeira desafine, pasa. Que o do bombo entre a destempo, bueno. Mais, señores músicos, toquen todos a mesma peza.