PRUDENCIA

La Voz

OPINIÓN

X. L. FRANCO GRANDE

09 ene 2001 . Actualizado a las 06:00 h.

Está moi claro que a Sala de Goberno do T.S. de Xustiza do País Vasco non está composta por terroristas, nin por rapaces da kale borroca, nin por abertzales; antes ben é de supoñer que o estea por homes prudentes, xa non rapaces e máis ben moderados. E tamén por homes que se decatan da realidade da sociedade na que traballan, da súa complexidade e da situación explosiva que alí a cegueira vai creando. Feitos que explican o de teren negado as súas dependencias para un acto promovido por outros compañeiros fiscais e a solicitude do Consello Xeral do Poder Xudicial. Sen dúbida os maxistrados do País Vasco non esqueceron aquela celebración militar de Barcelona que alporizou a tantos. Porque esa é a cuestión: non hai a menor necesidade de enrabechar a ninguén. Pero para isto cómpre ter moi claro que un acto e mailo o outro, por distintas razóns, son dos que alteran, e sen a menor utilidade para ninguén, a unha e outra sociedade. Non se pode esquece-lo dito de Maquiavelo: non encabuxes inutilmente ó teu enimigo. A prudencia dos maxistrados do País Vasco foi exquisita. E non o foi tanto a do Consello Xeral do Poder Xudicial, ou a dos que a través del cursaron a solicitude de celebración do acto que se denegou. Prudencia xudicial da que tanto teñen que aprende-los nosos políticos de calquera bando, aínda aqueles que se teñen por moi maquiavélicos ...