MANUEL REGO NIETO
26 nov 2000 . Actualizado a las 06:00 h.A transición á democracia enxendrouse no anterior réxime. O monarca acatou os Principios Fundamentais do Movemento. Logo puxo a Adolfo Suárez para que non se producira a ruptura, senón a reforma política. Os que controlaban a economía, pactaron cos reformistas do réxime, tamén co PSOE, e logo co Partido Comunista de España (PCE) a saída da dictadura. Fóronse ó garete as arelas dun Estado novo, onde se quería facer borrón e conta nova. Fíxose unha lei electoral, onde a pluralidade desaparecese, e impuxeran a súa vontade os grandes partidos financiados dende as internacionais. O problema vasco e mailo catalán conseguiron o Estado das Autonomías con aquelo xa famoso de café para todos. Hoxe, hai democracia. Imperfecta, mais democracia. Moitos doémonos do que puido ser e non foi. Mais... ¡menos dá unha pedra...!