«Dende fóra pénsase que o Partido Popular gaña en Vilalba porque si»

La Voz

VILALBA

25 feb 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Foron cambiando as siglas do centrodereita dende 1979, ano das primeiras eleccións municipais. O que, porén, en Vilalba non mudou foi o primeiro posto nos resultados electorais.

-O PP está afeito a gañar as eleccións municipais en Vilalba. Visto o caso dende fóra, ¿dáse por suposto que ten que gañar?

-Antes era real [Ri]. A diferenza era astronómica. Agora, dende fóra, pénsase que se gaña porque si, porque esta é a terra do fundador do Partido Popular. A realidade, en cambio, é que nas últimas eleccións se mantivo o poder por uns poucos votos. Son moitos anos de poder continuado. Loxicamente, iso de que o poder desgasta ten algo de certo. Cambiaron ademais as regras do xogo. Antes o peso do voto rural era maior; agora, máis pequeno. Hai uns 40 anos, eran unhas 12.000 persoas as que vivían no medio rural e 4.000 na vila; hoxe están máis ou menos ao 50 %. A crise provocou unha mobilización de xente nova que está a influír. Moitos dos fillos da xente da zona rural están a estudar en lugares urbanos e teñen unha configuración política urbana. Antes o criterio do pater familias, que podía ser o avó, condicionaba o voto; hoxe é case ao revés. Pero pola estrutura de Vilalba, cunha actividade económica que depende moito do medio rural, consérvase aínda unha mentalidade conservadora, e o PP ten que saber explotar ese dato.