Esta obra, incluída no plan de rehabilitación de mosteiros da Consellería de Cultura, permitirá salvar un dos principais problemas da igrexa do mosteiro de Samos e deixar actualizado o seu estado de conservación.
Os especialistas sinalaron a necesidade de dar unha protección máis eficaz a unha fachada que ten esa singular característica de retablo pétreo. Neste sentido, non hai constancia do motivo polo que esta fachada quedou conformada como se estivese rematada en falso. Se foi decisión arquitectónica ou algunha circunstancia que evitou que a obra se rematase con outro formato.
A obra, no entanto, non afectará aos outros elementos da fachada. No caso da vidreira do rosetón central, non será tocada nos traballos, aínda que si se limpará o entorno de pedra máis directo.
Tampouco se retocarán os elementos escultóricos que adornan, sobre todo, a parte superior do frontispicio, aínda que serán tratados do mesmo xeito que o resto do conxunto, nas labores de limpeza e consolidación da pedra.