Intensa programación en torno ao 25N na Laracha

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

POL

«Feminíssimas» é unha das pezas que se poderá ver dentro deste programa
«Feminíssimas» é unha das pezas que se poderá ver dentro deste programa BASILIO BELLO

Abranguerá accións educativas, culturais e participativas para públicos diversos

02 nov 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

O Concello da Laracha vén de presentar a súa programación en torno ao 25 de novembro, Día Internacional da Eliminiación da Violencia contra as mulleres, actividades para as que ten a colaboración de Ministerio de Igualdade, Consellería de Política Social e Deputación. Abranguerá accións educativas, culturais e participativas para públicos diversos e co fin de promover valores de respecto, coidado e convivencia en igualdade, obxectivo polo que o Concello larachés, dentro do seu Plan Estratéxico de Igualdade de Oportunidades, traballa todo o ano. Así serán as citas:

  • Charla • Agresións sexuais e violencia sexual, este martes 4, para primeiro de bacharelato do IES Agra de Leborís, en horario lectivo. Imparte María Angélica Mercado, coaching e formadora.
  • Xogo de escapismo • Do 24 ao 28 de novembro, O enigma da igualdade, para alumnos de quinto e sexto de primaria dos tres centros do municipio. En horario lectivo.
  • Programa de prevención • Todo novembro e decembro, no IES, para a ESO.
  • Teatro • Dúas citas. Unha, o 21 de novembro, ás 21.00 na Casa da Cultura, parte dos Venres Teatrais: obra Feminísimas, sobre igualdade e estereotipos, dende o humor. Outra, o propio 25N, ás 19.00 na Casa da Cultura: Vicio houbo sempre, con Atenea García. Narración oral, música, memoria e diversidade.
  • Andaina • Quinta edición de A Laracha unida fronte ás violencias machistas. O 29, ás 11.00, dende a praza Les Sables.