O San Froilán incluirá os concertos de Triquell e Dupla

Lorena García Calvo
Lorena G.C. LUGO / LA VOZ

LUGO CIUDAD

cedida

A concellería de Cultura de Lugo segue a detallar a programación para as festas e anunciou a terceira edición do Encontro de Fanzines

07 sep 2023 . Actualizado a las 13:30 h.

A programación do San Froilán de Lugo incluirá as actuacións de Triquell e de Dupla. A concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, explicou que «todas as linguas do estado e da península terán espazo nas festas de Lugo, polo que anunciamos ao conxunto vasco Dupla e o cantante catalán Cesc Fuentes Triquell, dous referentes da música en vasco e catalán que completan o cartel do San Froilán 2023».

A actuación de Triquell será o 4 de outubro ás 23.00 na praza de Santa María, mentres que Dupla actuará ao día seguinte á mesma hora na praza de Santa María.

Doutra banda, Ferreiro anunciou tamén a celebración da terceira edición do Encontro de Fanzines e Autoedición VAIA VAIA, unha proposta cultural que terá lugar a fin de semana do 23 e 24 de setembro. «VAIA VAIA é unha mostra cultural que propón explorar e descubrir o traballo artístico de particulares e asociacións de xieto participativo, colorista, amable e culturalmente aberto e activo», afirmou a concelleira de Cultura.

Durante dous días Lugo acollerá unha feira do fanzine e da autoedición, «unha reunión pública e aberta a todas as persoas interesadas nas publicacións independentes e autoxestionadas», destacou a titular de Cultura. «Con esta iniciativa queremos abrazar o amateur e abrir as portas ás creadoras de Lugo que aínda non se deron a coñecer ou que nunca se atreveron a participar nun evento destas características».

O punto de encontro principal de VAIA VAIA será o mercadiño de fanzines que se ubicará na praza de Abastos.