Aprobada a contratación de 300 ordenadores para o Concello de Lugo por máis de 300. 000 euros

La Voz LUGO / LA VOZ

LUGO CIUDAD

CORRAL

30 dic 2019 . Actualizado a las 18:40 h.

A xunta de voceiros extraordinaria do Concello de Lugo aprobou onte a contratación de 300 ordenadores para a renovación dos anteriores. A dotación destes novos equipos terá un prezo de mais de 319.000 euros. O contrato, segundo explicou a rexedora da cidade, cubrirá o subministro, configuración e instalación dos equipos «co fin de seguir a traballar na correcta implantación da administración electrónica, de forma que os traballadores do concello poidan gañar rapidez e comodidade e dar un mellor servizo ós veciños de Lugo á hora de resolver as súas xestións.

No encontro tamén se aprobou a contratación da subministración mediante a modalidade de renting (sen opción de compra) e mediante lotes de tres vehículos híbridos patrulla e un vehículo híbrido Crossover Suv para renovar parte do parque móbil da Policía, dita adquisición enmárcase no programa de goberno de Lara Méndez para conseguir unha cidad mais ecolóxica e respectuosa co medio ambiente.

Dende Medio Ambiente aprobouse a construción da obra da nova Praza -Xardín para construír na confluencia entre as rúas Manuel María e Túnel de Oural. O prazo da execución será de tres meses e un orzamento base de preto de 140.000 euros con cargo o Plan de Barrios 2018. «Os traballos consistirán na realización de movementos de terras, tarefas de pavimentación para as que se empregará formigón acado impreso coloreado e matrices con debuxos de pequena escala tipo mosaico e levarase a cabo a explanación de xardíns, así como a instalación eléctrica.

En canto a área de Medio Rural, aprobouse a contratación da subministración dun vehículo PA (pala) cun orzamento de 88.000 euros e un vehículo Dumper autocargable por un importe de 37.000 euros. Tamén se deu luz verde ás contratacións de obras de rexeneración de firmes que ascenden a 84.000 euros.