Proxectan «A batalla descoñecida»

LUGO CIUDAD

A película rescata do esquecemento a batalla do volframio

04 dic 2018 . Actualizado a las 13:03 h.

«A batalla descoñecida» • 2017 • España • Paula Cons • 

Continúa ata o 12 o ciclo Sesións de Filmoteca, dedicado ao cinema europeo e organizado polo Club Cultural Valle-Inclán en colaboración co CGAI-Centro Galego de Artes da Imaxe. As proxeccións terán lugar ás 19.30 horas no salón de actos da Casa do Saber (Vicerreitorado). A entrada é de balde para socios e comunidade universitaria, e custa 1 euro para o resto do público.

O mércores 5 proxectarase A batalla descoñecida, que fala do episodio histórico da batalla do volframio, que libraron os Aliados contra España na Segunda Guerra Mundial.