Sés: «Gústame Lugo: os esquecidos son os máis interesantes»

LUGO CIUDAD

MARTINA MISER

A artista coruñesa presenta o sábado 26 en Lugo o seu quinto disco, «Readmirando a condición», que revisa éxitos como «Non son fada»

25 may 2018 . Actualizado a las 09:32 h.

A compositora María Xosé Silvar (A Coruña, 1982), máis coñecida como Sés, é un furacán emocional, capaz de remover conciencias tanto enriba do escenario como a pé de rúa. A súa sensibilidade e o seu compromiso coa sociedade na que vive engancha a un público cada vez máis numeroso. A artista chega mañá a Lugo para presentar o seu quinto traballo, Readmirando a condición, unha revisión do seu primeiro disco, Admirando a condición, que contiña éxitos como Tempestades de sal ou Non son fada. O concerto será ás 20.00 horas no Auditorio Gustavo Freire, e as entradas poden adquirirse en Ticketea dende 12 euros.  

-¿Como vai ser o concerto de Lugo?

-Vai ser moi bailado e moi bailable, moi desenfadado, moi fresco e, sobre todo, divertido, que é do mellor que se pode dicir dun espectáculo.

-¿Que tal responde o público lucense?

-Lugo e a súa xente gústanme moito, hai moitos galegofalantes, con dignidade cultural e identitaria e sinto mogollón a humildade da xente. Os máis esquecidos soen ser os máis interesantes, e en Lugo reflíctese iso. Hai moi bo ambiente.