Volve Equigal co salón do cabalo e o concurso morfolóxico de pura raza

LUGO CIUDAD

OSCAR CELA

Catro días de actividades para toda a familia

24 may 2018 . Actualizado a las 09:57 h.

Dende hoxe ata o domingo • Pazo de Feiras e Congresos de Lugo • Entrada: 3 euros (de balde para os menores de 16 anos) • O importe recadado será doado á Fundación de Dano Cerebral (Fudace) • 

Lugo acolle dende hoxe a segunda parte do Salón Internacional do Cabalo, no que se fusionan Equigal e Equiocio. O principal evento é o Concurso Morfolóxico de Cabalos e Eguas de Pura Raza Española, no que se darán cita máis de cen cabalos das mellores ganderías, de Galicia e do resto de España. Tamén terá lugar o XI Salón do Cabalo de Galicia, no que se realizarán os concursos de Pura Raza Española e o domingo será o Concurso de Pura Raza Árabe.

Ademais, realizaranse diferentes actividades de animación durante todo o evento, da man de Carrousel Espectáculo Amazonas. Haberá zona de exposición e venda e área de cafetería con servizo ininterrompido desde a apertura do salón ata o peche. Tamén hai zona de lecer infantil, Poni Club, na que se ofertarán diferentes actividades relacionadas co mundo do cabalo, enfocadas aos máis pequenos e supervisadas por monitores. É unha boa ocasión para que se poidan iniciar na arte da equitación.