E agora, ¿que facemos co novo auditorio?

Suso Varela Pérez
suso varela LUGO / LA VOZ

LUGO CIUDAD

O novo auditorio, á dereita do Balneario, destaca, entre outras características, pola súa integración na paisaxe da cidade, con vistas desde a ponte romana.
O novo auditorio, á dereita do Balneario, destaca, entre outras características, pola súa integración na paisaxe da cidade, con vistas desde a ponte romana. óscar cela

Personalidades da cultura lucense opinan sobre o edificio, o contido, o nome e o futuro do Gustavo Freire

09 may 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

¿Que lle parece o novo auditorio?

Tonina Gay (Club Valle Inclán): «Vai haber que facer unha boa programación para que sirva de reclamo ir a un lugar para nada fácil de chegar, aparcar ou saír andando. Eu ao Gustavo Freire vou andando desde o centro, aquí, véxoo complicado».

Paloma Lugilde (Lugo Cultural e Palimoco Teatro): «Polo pouco que coñezo é unha pena que falte toda a estrutura técnica porque neste momento no Gustavo Freire temos que alugala para traballar».

Xulio Xiz (Fonmiñá e Orfeón Lucense): «Sorprendeume a racionalidade do edificio, que pensei que ía ser un monstro. Está ben proposta a idea dunha sala de 900 butacas para os acontecementos importantes e outra de 300 para usos diarios. Outro problema é a ubicación».

Álvaro Pardo (Dr. Think, músico e promotor cultural) «Me parece un poco escandaloso. Vería mejor un término medio con respecto al Gustavo Freire. ¡A ver quién mantiene este edificio! Porque si hay problemas antes de empezar...».

José Luis Díaz (Filharmónica de Lugo y Escobijazz): «Sé muy poco. Conseguí unos planos por un amigo, y vi algunas deficiencias, que espero que se resuelvan».

Eduardo Risco (Cántigas e Frores): «Polo pouco que vin, paréceme espectacular, pero creo que vai ter un custe moi elevado de mantemento. Espero que este custe non repercuta nos cartos que de dediquen á programación».

Juan Carlos Zahera (Espazo de Danza da USC) «É un gran edificio, pero non o coñezo. Só sei que está baleiro, sen barras, sen telóns, sen luces, sen separacións. Así é imposible usalo».

 

¿Faría visitas para os colectivos culturais?

Gay : «Si estaría ben, para coñecer os pequenos espazos que dispón o edificio».

Lugilde: «Estaría ben que alguén nos explicase, para coñecer o edificio, ter a documentación».

Xiz: «Sería bo que se fixesen visitas guiadas para provocarnos a todos os que temos que ver coa cultura e para crear a necesidade de ir ao auditorio».

Pardo: «Me interesaría conocerlo por dentro. Si fueron las autoridades, también podríamos ir la gente de la cultura».

Díaz: «Nunca está de más, dependerá del interés de la Xunta en estos momentos».

Risco: «Sería interesante para dálo a coñecer».

Zahera: «Penso que sería bo, porque somos os primeiros interesados».

 

¿Que modelo cultural se debe aplicar?

Gay: «As asociacións podemos cubrir as salas pequenas, pero debe haber unha xestora que dependa do Concello que programe actividades fortes e cunha programación diaria. Lugo ten tecido cultural para nutrir de actividade o novo auditorio, pero non pode recaer en nós a programación».

Lugilde: «Ten que ter unha programación continua, sen medo a que non se encha, sobre todo ao principio. Hai moitas actividades que agora non temos e que podería ter cabida, como as obras da Rede de Teatro Galego, funcións da compañía de danza ou actividades infantís os domingos polas mañás, como fai Pontevedra».

Xiz: «Lugo ten unha variada oferta cultural, o que falta é certa organización. Debería darse xogo aos colectivos e organizar actividades para xerar necesidade de cultura».

Pardo: «Si se ha hecho un auditorio del tamaño de una gran ciudad, debe de tener una programación a la altura. Tiene que pasar la flor y nata por su escenario, porque si no es competente, muere. Sí que tiene que tener cabida para creadores de Galicia y de Lugo, pero también algo fuerte, fuerte».

Díaz: «Hacer una programación estable lleva su tiempo. Hay dos maneras de gestionarlo. Una sería crear o un patronato, o un consorcio o un departamento propio que dependa del Concello, que trabaje con un presupuesto propio y haga una programación, que incluso con el tiempo puede organizar actos fuera del auditorio. Utilizar los recursos. Hay otra manera, que es ir programando a salto de mata, según van viniendo espectáculos».

Risco: «Debería ter programación estable, e que reflicte toda a actividade cultural da cidade, empregarse para todo o que se poda».

Zahera: «Ten que ter unha programación estable, feita e preparada por xente especializada, que se ocupe só disto. Non programar para encher. Vexo que en Galicia hai moito continente e pouco contido».

 

¿Que nome debería ter?

Gay: «Estamos no ano de Manuel María e creo que sería o apropiado».

Lugilde: «Alguén que tivera relación co mundo da escena».

Xiz: «Os grandes nomes xa teñen o seu espazo, como Uxío Noveyra, Maruja Mallo o Gustavo Freire. Eu penso que Trapero Prado, autor da zarzuela Non chores, Sabeliña, e gran defensor da cultura. E logo unha persoa moi esquecida, Aureliano Pereira, que foi poeta, escritor, xornalista...

Pardo: «Nuevo auditorio».

Díaz: «Debería tener un nombre imaginativo, no sé, tipo como la Casa Encantada de Madrid».

Risco: «Eu tiro para o noso e poría algo relacionado coa cultural tradicional».

Zahera: «É o de menos, o de dentro é o importante, que sirva para ver contidos culturais»

 

¿Que lle faría ao auditorio Gustavo Freire?

Gay: «Lugo non ten unha Casa da Cultura e este sería un bo lugar onde as asociacións da cidade nos xuntemos todos, e onde se preparen as actividades que logo se poderán ver nos diferentes espazos culturais da cidade».

Lugilde: «Se tivese un bo equipamento é un lugar idóneo para a residencia dunha compañía de teatro, ou para unha escola municipal de teatro ou de danza, ou para a escola de música. É un lugar marabilloso para traballar».

Xiz: «Pasou de ser un galpón a un auditorio, iso ten mérito. Creo que é imprescindible para a zona norte da cidade, para a A Milagrosa, ofrecéndollo aos colexios para que o teñan como unha referencia para as actuacións».

Pardo: «No me gusta. Yo ampliaría el parque de Frigsa. Sobran espacios culturales en la ciudad y el gasto que supone el mantenimiento del Gustavo Freire lo destinaría al nuevo auditorio. Lugo es un pueblo con semáforos y para que las cosas funcionen tenemos que estar todos juntos, al calor, y por eso ya que tenemos un nuevo auditorio, darle vida, y no esparcir la cultura por la ciudad».

Díaz: «Vale para muchas cosas que a lo mejor no tienen cabida en el nuevo auditorio, como festivales de fin de curso, congresos, reuniones. Además, no creo que tenga un coste de mantenimiento muy alto».

Risco: «Manteríao simultaneamente. Hai moitas actuacións de colexios, festivais solidarios... Hai necesidades suficientes na cidade para darlle uso. Por exemplo ensaios dos grupos, cursos, encontros de asociacións...».

Zahera: «Xa que se investiu tanto durante a súa historia, ten percorrido, como por exemplo para a zona norte de Lugo».

E agora que Lugo vai ter o ansiado novo auditorio, ¿que facemos con el? Diversas personalidades da cultura lucense opinan sobre que se debería de facer, que tipo de programación e que uso se lle debería dar ao actual Gustavo Freire.