Barriadas e recunchos

MANUEL XOSÉ NEIRA

LUGO CIUDAD

LICOR DE HERBAS | O |

03 ago 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

ÁNDASE agora coas catas a destripar, a levantar todo Lugo e está iso moi ben. Lugo esconde un tesouro inxente de orixes romanas. Todo o soterrado debería ser recomposto e para ben deixalo á luz como museo vivente. Nunha entrevista defendín con teimosía os barrios de Recatelo e de San Roque e sentín sobre de min a pouta dos rexedores locais como recriminándome cando ises barrios precisaban unha intervención, restauración e nunca unha depredación urbanística por parte das contrutoras. O Lugo vello éralles o barrio de Recatelo, o de San Roque e o chamado do Carme, que coido vai a ser derrubado, e o das Flores a rentes da Porta Falsa. Iso era Lugo. Recatelo tiña o seu aquel por canto nel se desenvolveu toda a vida literaria de don Ánxel Fole, un barrio literario a máis non poder. Se ises barrios desaparecen, farao boa parte da historia de Lugo. Unha verdadeira mágoa. En Recatelo, as casas de comidas de Lugo coas súas rexoubas distinta á asepsia e mudez dos restaurantes de hoxe, os bares do tipismo costumista e literario. Barrios que son como libro. Iso non custaba nadiña recuperalos pero xa se sabe a predación e cobiza vainos destruír. Lugo debe medrar, pero debe conservar todo o seu tipismo.