O detalle é o que importa

| XAVIER LOMBARDERO |

LUGO CIUDAD

DESDE EL ADARVE

20 dic 2004 . Actualizado a las 06:00 h.

SON DÍAS de detalles, da felicitación , do regalo, da lotería, do simple sorriso. O detalle, o saber ser e estar, convirán comigo, é o que importa. Por iso nestes días de vacacións os lugueses máis andaríns poden apreciar algúns acertos que son certos, por mentira que pareza á vista dos malos exemplos externos. Falo dese pequeno xardín que «apareceu» na baixada ao barrio da Chanca, esas frores postas nun recuncho do mundo, abandonado entre os alames que protexen a vía do tren, a carretera da Fonsagrada e un camiño de vello, estreito e medio prohibido para os coches, que se chama Río Mosa. Noutros tempos aquelo sería tapón urbano propicio para o derrubo; hoxe (noraboa ao Concello) volve ser recuncho típico de Lugo, o detalle da cidade pobre pero limpa co seu pasado. Tamén me gustou o amaño vexetal xunto ao aparcamento de Ollos Grandes e Vía Romana. Os detalles, é o que teñen...