Xogar con lume

CARLOS VÁZQUEZ

LUGO CIUDAD

TRIBUNA | O |

30 ago 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

¿ESTAREMOS converténdonos nun país de faltóns e mentireiros? Si se me permite, tamén de metamorfoseados. Coñecido máis popularmente como virachaquetas. ¿Non será que a todos eles lles deu por ler a Kafka? Efectivamente refírome ós politicos en xeral. Claro que xa antes de seguir, deberiamos distinguir entre políticos e medradores que non merecen ningunha consideración. Que ninguén se sobresalte, pero en todas as formacións hai garavanzos negros. En todas. ¿Eso significa ou quere simbolizar que todos son iguais? Non. Nin moito menos. Iso lles gustaría a algúns. Claro que a este paso, con lupa teremos que distinguir a uns dos outros. Ben é verdade que non toda a culpa é deles. Tamén nós, os cidadáns de a pé, deberiamos asumir algunha. ¿Por que? Por non ser máis severos con certos comportamentos que semellan darnos igual. Este verán tivemos uns cantos. Así, mentres que na superficie afloran as indecencias dalgúns, na profundidade do océano podrecen as ideas. ¡As que sexan! Evidentemente en tanto foran democráticas. Menos mal que o pobo sabe conterse e gardar as formas que non manteñen outros. Pero a pregunta é: ¿Ata cando? redac.lugo@lavoz.es