O Ministerio devolveu os terreos na década de 1950

La Voz

LÁNCARA

En 31 de decembro de 1934 acordouse atender os gastos xustificados de 327 pesetas por locomoción Cha-Sarria en 70,90 pesetas, por estancia de oficiais.

Tamén por aquel entón foi cando a carpintaría de obra para facer os hangares lle foi encomendada ao artesán sarriao Gonzalo Vázquez.

Así foron os anos iniciais do aeródromo militar sarriao-lancarés da Cha de Santa Marta, anos nos que, como expresión dun sentimento xeral de apoio de todos os sarriaos, esa actitude levou ao Concello a correr con gastos que atendían a consolidación dun campo de aviación que, en definitiva, mantería vida efémera, de maneira que xa na década dos anos 1950, o Ministerio procedeu a devolución dos terreos afectados por esta construción aos concellos de Sarria e Láncara que eran os seus lexítimos propietarios.

O Concello sarriao facía unha inversión de futuro que acabou por non render froito. Aquel entusiasmo modernizador da Corporación cae en terra erma. Hoxe o aeródromo de Cha de Santa Marta é un recordo lonxano.