Eduard Velasco, gañador da segunda edición do premio de poesía Díaz Castro

A obra premiada, «O filósofo coxo», foi elixida entre case medio cento de orixinais presentados


Vilalba

Eduard Velasco é o ganador da segunda edición do premio de poesía Díaz Castro, convocado polo Concello de Guitiriz. O xurado (formado polo poeta Miguel Anxo Fernán Velho, a tradutora Ánxela Gracián e o crítico Armando Requeixo, coa alcaldesa, Regina Polín, como secretaria), escolleu a obra «O filósofo coxo» entre case medio cento de orixinais presentados ao certame.

A obra será publicada por Espiral  Maior, que prevé tirala do prelo a comezos do mes de xullo. O premio foi creado polo Concello guitiricense como un xeito de lembrar a figura do poeta Xosé María Díaz Castro (1914-1990), e a decisión do xurado anúnciase o mais preto posible da data de nacemento do autor de «Nimbos», o 19 de febreiro.

O gañador deste ano naceu en Barcelona en 1982; pero ten unha ampla relación coa cultura galega: de feito foi tamén premiado noutros certames, como o Leiras Pulpeiro, que convoca o Concello de Mondoñedo para traballos de poesía.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

Eduard Velasco, gañador da segunda edición do premio de poesía Díaz Castro