Comercio, cultura e fe

CARLOS VÁZQUEZ

CASTROVERDE

NO OUTEIRO | O |

17 mar 2007 . Actualizado a las 06:00 h.

PERANTE a presentación do libro As feiras de Castroverde do século XX, o seu autor, Xosé María Gómez Vilabella referiuse ao castelo de Castroverde para dicir que constitúe unha homenaxe devanceira e un símbolo para o que son outras torres feudais, que, como aqueles señores feudais, se aproveitan doutros serventes, no fondo non tan distintos dos que no seu día ocuparon o burgo situado ao pé da Torre, hoxe coñecido como o Castroverde Vello. E é que ao longo dos séculos o comercio, o troco, o intercambio de mercadurías en definitiva, foi quen máis fixo por moveu á xente dun lugar a outro. Un claro exemplo dese movemento témolo nos camiños que conducen a Santiago, onde a crenza das persoas e a necesidade de comerciar entre os distintos pobos posibilitou e fixo grande outra riqueza máis: a cultura. E xa van tres. Ao igual que a economía e a fe, sobre todo para os crentes, a cultura trasladada a uns e outros ao longo do Camiño fixo daquela Europa algo que pouco ten que ver coa actual. Xustamente cando agora, axudándonos de tanta tecnoloxía, ben poderíamos facer todo ao contrario do que se fai.