? municipio de A Fonsagrada vive esta fin de semana a novena edición da ruta 4x4 do Butelo. Moitos dos participantes xa se reunieron na noite do venres e onte tomaron a saída ás nove e media da mañá, coa asistencia de numeroso público. A chegada dos vehículos á vila fonsagradina foi a última hora da tarde. Os participantes nesta ruta de todoterrenos fixeron etapas con dificultades como as de Queixorio, Allonca, Allonquiña, Gamalleira, Bustelo, Negueira, Candelas, Liñares de Bidul e a baixada do Vieiro. O programa previsto para hoxe inclúe unha trialeira no circuíto de Carracedo, con coches e quads. Comezará ás dez e media da mañá. Ás dúas e media da tarde haberá un xantar nun restaurante da vila e ás catro e media está prevista a entrega de agasallos e a despedida de todos os participantes na ruta.