Os mundos de Claudio Rodríguez Fer

Suso Varela Pérez
suso varela LUGO / LA VOZ

LUGO

Rodríguez Fer xunto a Andrew P. Debicki e José Ángel Valente
Rodríguez Fer xunto a Andrew P. Debicki e José Ángel Valente No disponible

Reedítase, 25 anos despois, o volume que recolle a vida, a obra e influencias recibidas polo poeta

21 ene 2024 . Actualizado a las 18:30 h.

Acaba de reeditarse en formato en liña o volume «Os mundos de Claudio Rodríguez Fer», unha publicación dentro da revista «Unión Libre» na que as investigadoras Natalia Regueiro e Marcela Bao recollen a vida e a obra do poeta e profesor lucense. Agora, 25 anos despois, volve a aparecer actualizada e con novas aportacións, e collendo como guía un volume similar que sobre Fole se editou no 1997 e no que Fer puxo empeño persoal.

A través de case 300 páxinas o lector pode ver una selección de textos, fotos e documentos que analizan a traxectoria de Rodríguez Fer (Lugo, 1956). Como se explica no prólogo, o contido desenvólvese a través de temáticas que conforman a visión da vida e das artes do poeta lucense e o seu percorrido vital, cheo de recoñecementos.

Así, o volume distribúese en: 1) Pautas biográficas universais (pais, infancia, neste caso tamén filla) ou xerais na traxectoria humana (amor, viaxes, entrevistas, epistolarios). 2) Literaria (poesía, narrativa, teatro, prensa, poética, recepcións, muller, erotismo, amour fou, natureza, celtismo, traducións, multilingüismo, poesía visual, obxectual, corporal, postal e audiovisual). 3) Artística (cine, artes plásticas, música, fotografía, iconografía plástica e fotográfica, musicalización). 4) Investigadora (edicións, metodoloxía integral, comentarios de textos, prólogos a obra propia e allea, Guerra Civil, cunetas, vermellas, mapoulas libertarias, exilio republicano). 5) Ideolóxica (humanismo, vangardismo, vitalismo, utopía libertaria, culturas orientais, universalismo, humorismo, pacifismo, memoria histórica, loita integral, dignificación). E 6) Profesional (estudos, docencia, alumnado, Honoris Causa, Medalla Eminescu, bibliotecas, arquivos e museos) do autor. 

Nomes propios

A publicación está chea de nomes propios, tanto topónimos como personaxes. Todos, referencias que marcaron o devir pola vida e a creación de Rodríguez Fer. Así, se referencian e se expoñen con exemplos de textos e documentos, topónimos tan dispares como Lugo, Galicia, Rusia, Santiago, Nova York, París, Londres, Bretaña, Normandía, Caribe, Portugal e España, Inglaterra e Nova Inglaterra, Europa Central e Países Celtas (Irlanda, Escocia, Gales, Cornualles, Illa de Man), Grecia e Italia, Holanda e Bélxica, Francia Leste e Oeste e Occitania, Suíza e Romanía, Marrocos e Canadá, Bos Aires e Brasil...

Rodríguez Fer con Ánxel Fole
Rodríguez Fer con Ánxel Fole No disponible

Ademais, aparecen personaxes importantes na súa vida ou obra, sobre todo do cine (Gregory Peck, Orson Welles, María Casares, Woody Allen), da arte (Castelao, Isaac Díaz Pardo, Eugenio Granell), da música (Léo Ferré, Brassens, Leonard Cohen) e da literatura dos séculos XIX (Verne, Dostoievski, Tolstoi, Poe, Whitman, Emily Dickinson, Rosalía de Castro) e XX (Antonio Machado, García Lorca, Luis Cernuda, Neruda, Borges, María Kodama, Cortázar, Ánxel Fole, Santiago Marcos, Luz Pozo Garza, José Ángel Valente, Gamoneda, Juan Goytisolo, Camus, Guillevic, Adonis).

Igualmente, aparecen persoas coas que mantivo ou mantén relación relevante en máis dun terreo, incluídas aquelas que foron estudosas, tradutoras e ilustradoras da súa creación, como Carmen Blanco, Kathleen N. March, Xosé Luís Axeitos, Eduardo Ochoa, Claude H. Poullain, Armando Requeixo, Diana Conchado, Milagros Polo, Olga Novo, Sara Lamas, María Lopo, Lily Litvak, Manuela Aira, Natalia Regueiro, Manuel Fernández Rodríguez, Claudia Murici, Tera Blanco, Cristina Fiaño, Saturnino Valladares, Adina Ioana Vladu...

Rodríguez Fer con Eugenio Granell e Carmen Blanco
Rodríguez Fer con Eugenio Granell e Carmen Blanco No disponible

E, por último, deuse entrada no volume ás principais iniciativas culturais e cívicas que promoveu o poeta e profesor lucense: colección «Clásicos Galegos», cadernos «Unión Libre», revista «Moenia», Cátedra José Ángel Valente de Poesía e Estética, Asociación para a Dignificación das Vítimas do Fascismo, caderniños de «Poesía para todos»...