La Voz
O Ateneo de Santiago acolleu onte unha conferencia a cargo de Claudio Rodríguez Fer, director da Cátedra José Ángel Valente da USC, que disertou sobre o concepto interartístico do escritor na charla «Valente e a unidade das artes», conferencia de título homónimo á exposición que dende a semana pasada alberga o pazo de Fonseca. «Tratábase de facer confluír palabra e imaxe», sinala o comisario da mostra, como nunha especie de chiscadela ao traballo do ourensán.
«José Ángel Valente é un dos poetas máis interartísticos e interdiciplinarios do panorama contemporáneo, pois conxuga na súa obra tanto a palabra, a poesía, narrativa e o ensaio como tamén as artes. Isto, ademais de estar reflectido na súa obra, tamén concita a colaboración entre o poeta e outros artistas, particularmente plásticos, pero tamén músicos e mesmo arquitectos», explica.